O Reino de Galicia
Cronoaventuras é unha experiencia diferente, onde pasado e xogo se atopan para revelar os misterios da Galiza medieval. A través das cartas cheas de historia enfrentarás desafíos e tomarás decisións que poden cambiar o curso da nosa liña temporal. Prepárate para unha aventura que non esquecerás!
Non é un simple xogo de cartas. É unha porta a outra época, na que cada carta levarate a un universo de eventos históricos e lendas. Traballa en equipo, toma decisións estratéxicas e usa o teu coñecemento para guiar ao viaxeiro no tempo de volta ao seu mundo orixinal!
A comunicación é chave para a victoria! Cada xogadori ten información parcial sobre as cartas, e só a través do diálogo poderán descifrar a orde correcta.
Cronoaventuras é unha verdadeira aventura cooperativa! A través da colaboración estratéxica, fortalécense os lazos entre os xogadoris e desenvólvense habilidades críticas de resolución de problemas e toma de decisións en grupo.
Ao incluir personaxes históricas, eventos relevantes e outros elementos culturais que foron fundamentais na formación de Galicia, tamén se promove unha comprensión máis profunda e duradeira da historia, fomentando a curiosidade e o desexo de coñecer máis sobre este tempo.
Copyright © 2024 Aqueladas